Día da paz 🕊️
O 30 de xaneiro conmemoramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Nesta xornada especial lembramos a importancia do respecto, da convivencia e da solidariedade entre todas as persoas. O alumnado de sexto de primaria leu uns fermosos poemas que nos fixeron reflexionar e sentir que a paz non é só a ausencia de conflitos, senón tamén a presenza de xestos amables, palabras que coidan e mans que axudan.
A través dos seus versos lembráronnos que a paz constrúese cada día, nas pequenas accións cotiás: compartir, escoitar, pedir perdón, agradecer e tender pontes en lugar de levantar muros. Cada palabra recitada foi unha semente de esperanza para facer do noso cole un lugar máis xusto, máis unido e máis feliz.
Para rematar o acto, todo o alumnado e profesorado cantamos xuntos a canción “De que che vale”, enchendo o patio de voces e emocións, e reforzando a idea de que só camiñando da man podemos construir un mundo mellor.


Comentarios