Letras Galegas 2024
Xa estamos ante unha nova edición das letras galegas adicada a Luisa Villalta , escritura coruñesa cuia voz se apagou demasiado cedo. Temos xa unha exposición no cole sobre ela.
Aquí vos deixamos algúns videos e enlaces nos que podedes decubrir moitas cousas sobre a súa vida e obra.
Para os máis pequenos :
Violino, Inglesa e o libro xigante.
Para todos :
Biografía proporcionada pola Real Academia
Tamén algunhas actividades interactivas para facer:A Real Academia Galega estrea o 10 de abril 'Luísa Villalta: a rebelión da palabra'. A serie documental web de seis episodios sobre a protagonista do Día das Letras Galegas 2024 é unha proposta documental dirixida por Damián Varela Pastrana, con guión de Alba López Álvarez, que incorpora artistas do ámbito da poesía, a música e as artes escénicas para nos achegar á esencia da autora. Deixamos un trailer e podedes ver a serie completa no enlace
Coma tódolos anos grazas ao magnnífico traballo do Seminario Galán, podemos seguir coñecendo á escritora. Pinchade na imaxe para acceder a actividades variadas
Aquí tendes máis xogos e actividades para facer coma un rosco de pasapalabra
Comentarios