22/10/23

SAMAÍN




 Hai miles de  anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses, de aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios: 

• 1 Febreiro en honra a deidade Imbole

. • 1 Maio en honra a deidade Beltain

. • 1 Agosto en honra a deidade Lungh.

 • 1 Novembro en honra a deidade Samaín.

A festa do Samaín representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do inverno, era a festa máis importante dos  celtas e marcaba os inicios do ano novo celta representaba a festa dos mortos. Esta era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.


Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.

Aquí vos deixamos algunhas actividades divertidas de OUTONO e SAMAÍN .

PARA OS MÁIS PEQUENOS

https://www.chiscos.net/xestor/chs/belenjunquera/o_outono/o_outono.html

PARA OS MEDIANOS



PARA OS MAIORES



(Parecen iguais pero non o son)

Ademais recordámosvos que n podedes xogar no CREBACABEZAS da entrada do cole poñendo palabras relacionadas co SAMAÏN



No hay comentarios: