Agora tócalles aos nenos e nenas de 1º B e 2º, eles serán os encargados de propoñernos unhas divertidas adiviñas e de recitar unha chea de refráns destas datas. Queredes escoitalos?
O 17 de maio é a festa da lingua galega , unha celebración institucionalizada no ano 1963 pola Real Academia Gallega (RAG) para homenaxear a autores e autoras que traballan a favor da defensa e promoción do noso idioma e a nosa cultura. Este ano 2025 as Letras Galegas están adicadas ás cantareiras e pandereteiras, personalizado en algunhas mulleres en especial Seminario Galán Neste enlace podedes consultar a biografía de Adolfina e Rosa e moitas cousas máis Guía Cine en galego, no seguinte enlace podedes ver a miniserie Se canto é porque quero Tamén vos deixamos algunhas actividades interactivas que vos divertirán ao tempo que aprendedes Xoga connosco Que sabes das cantareiras?
Empezaremos co rei Urco e remataremos co enterro de Ravachol pero no seguinte enlace podedes ver o programa completo do entroido de Pontevedra ENTROIDO DE PONTEVEDRA
Castañas, noces e viño fan as delicias de San Martiño e no noso cole non podía faltar este delicioso manxar. As familias e o cole aportaron as castañas e foron Juan, o noso conserxe, e a ANPA os encargados de picar e do asado das mesmas. Desde aquí o noso agradecemento Despois dunha boa chea de castañas, xornada de xogos que organizou o profesorado de EF. Foi un día moi divertido
Comentarios