5. O PROXECTO DE BARCI EN EDUCACIÓN INFANTIL (3 e 4 anos)
Preséntovos a Barci, un verme máxico que fala e escribe, aínda que o que máis lle gusta é saltar, correr e bailar. A súa casiña atópase no ximnasio e os nenos de 3 e 4 anos son os seus amigos. Chegaron a formar o "club de Barci" do que todos son membros e mesmo posúen un carnet que os acredita como tales.

*Anverso e reverso do carnet como socio do club de Barci
Pero, pertencer a este club, esixe cumprir unha serie de normas:
Barci convértese así na nosa mascota do ximnasio, sorprendendo ós máis cativos con cartas, propoñendo xogos, bailes, carreiras, circuítos, contándonos as súas historias, presentándonos ós seus amigos, etc.
Comentarios