23/11/09

CONTOS E RECEITAS DO SAMAIN



















































































Era unha vez un neno chamado Álvaro, que vivía coa súa nai Molina, co seu pai Galileo e coas súas dúas irmás, Rebeca e Zelanda.
Álvaro sempre se ría das irmás e das súas bonecas. Un día Galileo tróuxolle unha boneca a Zelanda, porque Álvaro sempre lle rompía as bonecas aproveitando que era pequena. Mentres Zelanda mimaba a súa boneca de fermosos cabelos vermellos, a boneca puxo a súa mirada misteriosa no neno. Cando chegou a hora de durmir, a boneca agora miraba con desprezo ao neno. Ao día seguinte, día de Samaín, Molina, Galileo, Rebeca e Zelanda foron de compras e Álvaro quedou só coa boneca, que o seguía mirando con desprezo.
Chegou un momento en que a boneca empezou a falar; dicíalle:
–Non me rompas, ou xa verás! –cada vez con voz máis grave, mentres andaba cara Álvaro.
Álvaro, asustado, tirou a boneca ao lixo despois de pegala.
Cando chegaron seus pais e as súas irmás, preguntáronlle ao neno:
–Onde está a boneca?
Álvaro respondeu con disimulo:
–Non o sei.
E Zelanda dixo chorando:
–A miña boneca que falaba, andaba e poñía caras seguido, como a coidas!
Álvaro quedou sen palabras.
–E apagaches a boneca? –preguntou Galileo.
–Mm... Non –respondeu Zelanda.
E desde ese día Álvaro nunca máis volveu romper ou rirse de ningunha boneca. E non para de pensar: “Deume medo a boneca do Samaín”.

Lucía, 4º A


























































No hay comentarios: