19/11/09

BOLETIN

CEIP BARCELOS ENDL 2009 – 3º


PREMIOS SAMAÍN

Moitas familias participaron no concurso do Samaín e algúns ne- nos e nenas escribiron contos de medo e receitas de alimentos fei- tos a base de cabazas e castañas. O Magosto deste ano celebrámolo o pasado día 6. No blogue (http:// enlbarcelos.blogspot.com) encon- traredes fotos do Samaín e do Ma- gosto. Tamén acharedes os no- mes dos premiados nos concur- sos.

A NOSA ESCOLA EN EUROPA

O alumnado de primaria está escribindo as redaccións e prepa- rando as imaxes dun libro colecti- vo sobre o tema da nosa escola e a nosa cidade en Europa, que nos editará a Planeta. No primeiro tri- mestre de 2010 distribuirase en- tre as familias.


BARCELOS PLURILINGÜE

Trátase de escribir, expoñer e dicir en varias linguas –galego, castelán, inglés, francés, portu- gués, outras que falan as familias dos nosos alumnos, etc.– peque- nos textos. Traballaremos con “ Happy Birthday to you ” ( “ Parabéns para ti ” ), “ Stille Nacht ” (Noite de paz ” ) e “ Adeste fideles ” .

CARTA AOS REIS MAGOS

Trátase dun concurso de cartas en galego aos Reis. Nelas póden- selles pedir regalos de todo tipo, incluídos os bens que desexamos para a familia, para o colexio, para a cidade… As mellores cartas, unha de cada clase, leranse dian- te dos Reis, levarán un premio e serán publicadas no blogue e nos periódicos escolares. 20 de novembro

CONCURSOS E CAMPAÑAS 2009

En galego mola máis. Porque é unha lingua xeitosa que xa falaban os pais e as nais de hai mil anos, cando aínda o castelán ninguén o fala- ba en Galicia. En galego mola máis. Porque non está ben que unha lingua tan fermosa se esqueza, perda e morra, como lle pasará se cada vez non a usamos máis. En galego mola máis!

EN GALEGO MOLA MÁIS CONCURSO DE RECITACIÓN

Participa no concurso de recita- do de poesía que se celebrará an- tes do Nadal. Os que mellor reci- ten de cada clase, actuarán diante dos Reis Magos e recibirán un pre- mio. Para participares, debes pedirlle ao teu profesor ou profesora a co- pia dun poema. Se queres antes ver cal é o que máis che gusta, mira no taboleiro de Normaliza- ción Lingüística, preto da sala de- profesores, onde estarán expostos varios poemas. Anímate!

No hay comentarios: