Letras Galegas 2026
A semana pasada realizáronse diferentes actividades para celebrar o Día das Letras Galegas.
O alumnado participou nun obradoiro de pandeireta presentado por Laura, mamá dunha nena de EI, achegándose á música tradicional galega dun xeito lúdico e participativo.
Tamén contamos coa colaboración da Coral Helénica, que compartiu connosco un fermoso momento musical.
Como peche da celebración, todo o alumnado de Infantil e Primaria interpretou conxuntamente o Himno Galego, nun acto cheo de emoción e orgullo pola nosa lingua.
Ademais, ao longo destes días realizáronse nas aulas diferentes traballos e actividades relacionadas coa autora homenaxeada este ano, Begoña Caamaño




Comentarios