Fin de semana chea de lingua





Esta fin de semana chega cargada de actividades para celebrar e vivir o galego. Compartimos tres propostas culturais e festivas para desfrutar en familia arredor da nosa lingua.


Festa da Lingua


O sábado 16 celebrarase a Festa da Lingua na rúa da Serra, cun programa cheo de actividades para todas as idades: xogos populares, música, foliada e moito máis. Entre as actuacións destacamos o concerto de Brais das Hortas e Peter Punk, pensado especialmente para o público infantil.


Bolboretroula


Tamén o sábado terá lugar a Bolboretroula no parque de Cabanas, unha xornada con música, obradoiros, baile e actividades para toda a familia, coa participación de grupos como Cé Orquestra Fantasma ou Migallas.


Manifestación “O galego, lingua vital”


O domingo 17, ás 12:00 h, sairá da Alameda de Santiago de Compostela a manifestación convocada por Queremos Galego baixo o lema “O galego, lingua vital”.


Desexámosvos unha fin de semana chea de lingua, cultura e momentos compartidos. E, por suposto, unha boa ocasión para descubrir ou volver gozar das historias de Circe e Morgana de Begoña Caamaño.

Comentarios

Entradas populares de este blog

TODOS A CANTAR !

O Galo 2025

LETRAS GALEGAS 2025