Día do libro 📖

Con motivo do Día do Libro, celebramos unha xornada moi especial de apadriñamento lector. O alumnado dos cursos superiores compartiu tempo, lecturas e ilusión cos nenos e nenas máis pequenos, converténdose por un día nos seus padriños e madriñas lectoras.


Durante a actividade, os maiores prepararon diferentes contos e historias que leron con moito agarimo aos seus compañeiros e compañeiras. Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que se fomentou o gusto pola lectura, a convivencia entre etapas e o desenvolvemento da expresión oral.


Os máis pequenos gozaron escoitando os contos e participando activamente, mentres que os maiores demostraron responsabilidade, empatía e entusiasmo nesta bonita tarefa.






Con iniciativas como esta seguimos promovendo o amor polos libros e creando momentos de aprendizaxe compartida que fortalecen os vínculos entre todo o alumnado do centro.


Porque ler é medrar xuntos! 📚✨


Comentarios

Entradas populares de este blog

TODOS A CANTAR !

O Galo 2025

LETRAS GALEGAS 2025