Día de Rosalía

 


luns 23 de febreiro celebrarase o Día de Rosalía cunha lectura pública de poemas de Cantares gallegos e Follas novas. Será na Fundación Manuel Moldes(Javier Puig, 3, 8º andar) ás 19 h e está aberta a toda a cidadanía.


O servizo de Normalización Lingüística do Concello  invita a  toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado e FANPA) a participar nesta celebración. Se estades interesados podedes acceder a este formulario onde calquera persoa que queira pode anotarse e escoller un texto para ler. Se non atopades algún poema será porque xa foi escollido por outra persoa. Se optades por un poema longo e queredes facer unha lectura conxunta con outra(s) persoa(s), indicádenolo no cadro de observacións.

Comentarios

Entradas populares de este blog

LETRAS GALEGAS 2025

TODOS A CANTAR !

O Galo 2025