Día da Paz

 O alumnado do CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos conmemorou hoxe 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.


Algúnhas das frases do manifesto que fixo o alumnado de 6º de Ed Primaria  reflexa o sentir de roda a comunidade educativa:

Unha data que nos lembra a importancia de vivir en armonía, respecto e solidadridade con todos os seres humanos, sen importarnos a súa orixe, a súa cor de pel, a súa cultura, a súa relixión ou a súa ideoloxía.

Temos que meter na nosa cabeza que todos somos seres humanos cos mesmos dereitos e deberes.

A PAZ é un dereito que cada un temos que construír na nosa vida: na familia, no colexio, cos amigos,...

Nós somos o futuro e temos que aprender a VIVIR EN PAZ.

TI  DECIDES!

Ademais do manifesto alumnado de distintos cursos deu lectura a poemas de creación propia e a outros de grandes escritores coma:

 Antonio García Teijeiro, alumnas e alumnos de 6º deron lectura ao seu poema ALÍ SMAÍN.

Gloria Fuertes,  agora foi o alumnado de 4º que traduciu ao galego e leu SO TRES PALABRAS

Por suposto non podía faltar a música  . 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Magosto 2024

LETRAS GALEGAS 2025

DÍA DE ROSALÍA