Inaguramos curso 2024-25

 Aquí estamos outra vez, empezando un novo curso escolar.

Invitamos a todas as familias do centro a seguir este blog no  que ademais de publicar actividades que se fan no centro, trataremos de informar doutras actividades que pensamos que poden ser do voso interese.

Para comezar recomendamos unha visita ao Museo Provincial de Pontevedra onde para ver a exposición A ERA DAS FÁBULAS realizada en colaboración coa Fundación María José Jove na que atoparedes obras de autores da talla de Maruja Mallo, Vasili Kandinski, Pablo Picasso, Fernand Léger, Joan Miró, Miquel Barceló, Luis Gordillo ou Louise Bourgeois entre outros.

Polo nosa parte levaremos a parte do noso alumnado a visitala gozando dunha visita guiada que seguro que será estpenda.

Bo curso para todas e todos!

Comentarios

Entradas populares de este blog

SAMAÍN

Exposición de cabazas

Paula Cajaraville