Entradas

Inaguramos curso 2024-25

Imagen
  Aquí estamos outra vez, empezando un novo curso escolar. Invitamos a todas as familias do centro a seguir este blog no  que ademais de publicar actividades que se fan no centro, trataremos de informar doutras actividades que pensamos que poden ser do voso interese. Para comezar recomendamos unha visita ao Museo Provincial de Pontevedra onde para ver a exposición A ERA DAS FÁBULAS realizada en colaboración coa Fundación María José Jove na que atoparedes obras de autores da talla de  Maruja Mallo, Vasili Kandinski, Pablo Picasso, Fernand Léger, Joan Miró, Miquel Barceló, Luis Gordillo ou Louise Bourgeois entre outros. Polo nosa parte levaremos a parte do noso alumnado a visitala gozando dunha visita guiada que seguro que será estpenda. Bo curso para todas e todos!

Fin de curso

Imagen
 Rematamos un novo  de actividades, saídas e historias que contar. Esperamos que o disfrutarades.  En setembro máis, pero polo de agora podedes ver un resumo de algunhas das cousas que fixemos visualizando o noso xornal O GALO 2024 . 

Correlingua 2024

Imagen
 Portando unha pancarta e coreando o lema desta edición "DENDE AQUÍ ATE ACOLÁ, EN GALEGO XA! percorremos hoxe as rúas da nosa cidade para manifestar o noso interese na promoción e uso da Lingua Galega. Despois dun tentempé para repoñer forzas... Música e baile a cargo de "Gramola gominola" Rematamos coa recollida de diplomas e solta de globos.

TRAFICANTES DE VERBAS. ACTIVIDADE PARA CRIANZAS DE 8 a 12 ANOS

Imagen
  Deixámosvos aquí unha  actividade vai ter lugar na illa do Covo o sábado 25 de maio, no marco do programa Maio, mes da lingua.  Máis información no cartel que segue 

Letras Galegas 2024

Imagen
 Xa estamos ante unha nova edición das letras galegas adicada a Luisa Villalta , escritura coruñesa cuia voz se apagou demasiado cedo. Temos xa unha exposición no cole sobre ela. Aquí vos deixamos algúns videos e enlaces nos que podedes decubrir moitas cousas sobre a súa vida e obra. Para os máis pequenos :     Violino, Inglesa e o libro xigante. Para todos : Biografía proporcionada pola Real Academia Tamén algunhas actividades interactivas para facer: Xoga connosco A Real Academia Galega estrea o 10 de abril 'Luísa Villalta: a rebelión da palabra'. A serie documental web de seis episodios sobre a protagonista do Día das Letras Galegas 2024 é unha proposta documental dirixida por Damián Varela Pastrana, con guión de Alba López Álvarez, que incorpora artistas do ámbito da poesía, a música e as artes escénicas para nos achegar á esencia da autora. Deixamos un trailer e podedes ver a serie completa no enlace Luísa Villalta, A rebelión da palabra    Coma tódolos anos grazas ao mag

Maio 2024

Imagen
 Deixámosvos información de algunhas actividades que se realizaran este mes de maio. 1 de maio, a partir das 11:00h, festa dos maios na Praza da Ferreria. No seguinte enlace tendes más información. Non deixdes de ir a escoitar as coplas! https://www.pontevedraviva.com/xeral/103519/6250-euros-concurso-maios-2024-aberto-prazo-inscricion/?lang=es Coma tódolos anos, na clase  co profe Claudio tamén haberá coplas.  17 de maio, o día máis importante do ano para a nosa lingua. Día das Letras Galegas Dúas actividades  para crianzas entre 8 e 12 anos  que van ter lugar o  25 de maio e o 1 de xuño  pola mañá no marco do programa de actividades de Maio, Mes da Lingua. As dúas son de balde. Como non, este curso voltaremos a participar no Correlingua.            O luns 27 de maio a correr e a cantar.

Día do libro 2024

Imagen
 Marcapáxinas e apadriñamento lector entre compañeiras compañeiros de outros cursos para conmemorar esta edición do día do libro