Dende 1963 cada 17 de maio celébrase o Día das Letras galegas para homenaxear a persoas destacadas pola súa creación literaria en galego e a defensa do idioma. Dende Rosalía de Castro ou Castelao nos primeros anos ata Florencio Deldado Gurriarán neste 2022.
Delgado Gurriarán naceu o 27 de agosto de 1903 en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). Despois, por motivo da profesión de seu pai, perito agrícola e funcionario do Ministerio de Fomento, toda a familia viviu en Ourense, Palencia e Valladolid, onde Florencio estudou a carreira de Dereito entre 1918 e 1924.
Durante a ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), en Delgado Gurriarán aséntanse os ideais republicanos e plenamente galeguistas. Comezou a militar no Partido Galeguista (PG),
Florencio estivo sempre moi activo nos círculos galeguistas e isto fixo que durante a Guerra Civil tivera e exiliarse en México.
Videoclip baseado nun poema de Florencio Manuel Delgado Gurriarán feito no CEIP Carballa
Os vértices da poesía de Delgado Gurriarán xiran arredor de tres eixes temáticos e estilísticos: a obra lírica e sensual de Valdeorras, compilada no libro Bebedeira; a poesía de loita e defensa da lingua galega e belixerante contra o fascismo, que se publicou sobre todo en Nueva Galicia e se recolleu no libro O soño do guieiro. O terceiro eixe é o da poesía crioula recollida nas revistas Saudade e Vieiros e no libro Galicia infinda, na que o autor mostra a súa admiración pola realidade mexicana e a capacidade da lingua galega para dialogar cun sistema literario tan diferente como o mexicano.
O 17 de maio é a festa da lingua galega , unha celebración institucionalizada no ano 1963 pola Real Academia Gallega (RAG) para homenaxear a autores e autoras que traballan a favor da defensa e promoción do noso idioma e a nosa cultura. Este ano 2025 as Letras Galegas están adicadas ás cantareiras e pandereteiras, personalizado en algunhas mulleres en especial Seminario Galán Neste enlace podedes consultar a biografía de Adolfina e Rosa e moitas cousas máis Guía Cine en galego, no seguinte enlace podedes ver a miniserie Se canto é porque quero Tamén vos deixamos algunhas actividades interactivas que vos divertirán ao tempo que aprendedes Xoga connosco Que sabes das cantareiras?
Dentro da programación que estamos a levar a cabo con motivo das letras galegas coma cine ou exosicións, tivemos hoxe unha actividade impresionante. Gozamos coa actuación da cantareira, recompiladora e mestra pandereteira Leni Pérez. Ensinounos que para facer música non sempre énecesario un instrumento musical, ás veces chega con instrumentos cotiás coma unha tixola, culleres, cunchas ou unha lata de pimentón. @leniperezz Algúns incluso se lanzaron ao escenario. Nos videos podedes ver algún fragmento das coplas que interpretou.
Un ano máis rematamos o curso publicando a nosa revista escolar O GALO. Nela recollemos algúns recordos deste curso, pero houbo moito máis. Podedes vela facendo clic no seguinte enlace. O GALO 2025 Esperamos que sexa do agrado de todos e todas
Comentarios