O entroido é unha das festas máis
antigas que se celebra en toda Europa. A súa orixe está nas celebracións das
tarefas agrarias e a chegada da primavera, pero ten elementos de orixe romana,
cristiá e medieval. En Galicia ten moita tradición e moitos nomes: Entroido,
Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo e Entroiro. Todos teñen a súa orixe no
termo latino introitus, que significa entrada e que sinala a entrada nunha nova
estación, a primavera. Tamén se chama carnaval. O Entroido é unha época de
festa na que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben.
ENTROIDOS MÁIS COÑECIDOS:
·LAZA
(Ourense): Peliqueiros
Os peliqueiros son os personaxes do carnaval de
Laza, reúnense nun acto chamado A estrea do peliqueiro e invitan a bica.
Os peliqueiros
son personaxes “animalizados”: non falan, levan chocas de ferro coma os animais
e levántanlle a saias as mulleres e zorregan á xente. O traxe está composto por
chaqueta con galóns, pantalón curto con encaixe, camisa branca e gravata
vermella. Nas pernas levan medias cinguidas con rechamantes ligas e os zapatos
son negros. O disfrace compleméntase co cinto, de onde colgan as chocas, e coa
zamarra ou látego . A máscara leva pintado un animal e cosida por detrás unha
pelica de animal.
·VERÍN
(Ourense): Cigarróns
O protagonista é un personaxe enmascarado que viste un
traxe con moitos adornos e que chega a pesar 25 quilos. A máscara faise con
madeira e a parte superior remata nunha folla de lata con motivos animais ou
vexetais. A vestimenta componse de camisa branca con garabata, chaqueta con
galóns e xarreteiras, calzón corto e medias. Á cintura levan cinto con chocas
por detrás e na man unha “zamarra”.
·XINZO
DE LIMIA (Ourense): Pantallas
É o carnaval
máis longo de España –e probablemente do mundo–, xa que dura cinco fins de
semana. A Pantalla é a máscara de Xinzo.A careta faise con cartón, papel de
xornal, feltro, fariña, auga e pintura. Faise nunha soa peza encaixándose na
cara e cabeza. Ten cara de diaño, con cornos e a parte de arriba está adornada
con motivos astrais ou animais totémicos. Arredor leva uns flocos que fan de
barba. O traxe componse de camisa e calzóns brancos, abrigo vermello ou negro,
pano vermello e polainas e zapatos negros. Levan na cintura unha faixa vermella
xunto coas campás.
·ZONA
DO ULLA (A Coruña e Pontevedra): Xenerais do Ulla
Nas bisbarras do río Ulla o entroido inspírase nas
loitas que se viviron por mor da invasión napoleónica. Os grandes protagonistas
son os xenerais que, ataviados con vistosos uniformes, percorren as rúas a
cabalo.
·CHANTADA
(Lugo): Volantes
Os volantes, ataviados cunha vistosa indumentaria son
os representantes dos vellos feudais.
· VILABOA (Pontevedra): Madamas e Galáns
Visten traxes de
gran valor e non levan máscaras, vaise coa cara descuberta! As madamas levan
camisa e faldra brancas e moitos colares. Todo adornado con fitas, plumas,
pedraría e pasamanería. Pero o máis rechamante son os sombreiros.
·A cidade de
Pontevedra tamén celebra o entroido por todo o alto. Un dos actos é o Enterro
de Ravachol, ao que acode todo o mundo vestido de loito. Ravachol foi un
personaxe real, un loro malfalado e groseiro dun coñecido farmacéutico que
morreu durante os carnavais de 1913; foi enterrado con grandes honras no medio
dun multitudinario duelo que agora se recorda cada ano por estas datas. Cada
ano vai vestido diferente.
Para coñecer a historia do loro Ravachol pincha na imaxe
O 17 de maio é a festa da lingua galega , unha celebración institucionalizada no ano 1963 pola Real Academia Gallega (RAG) para homenaxear a autores e autoras que traballan a favor da defensa e promoción do noso idioma e a nosa cultura. Este ano 2025 as Letras Galegas están adicadas ás cantareiras e pandereteiras, personalizado en algunhas mulleres en especial Seminario Galán Neste enlace podedes consultar a biografía de Adolfina e Rosa e moitas cousas máis Guía Cine en galego, no seguinte enlace podedes ver a miniserie Se canto é porque quero Tamén vos deixamos algunhas actividades interactivas que vos divertirán ao tempo que aprendedes Xoga connosco Que sabes das cantareiras?
Dentro da programación que estamos a levar a cabo con motivo das letras galegas coma cine ou exosicións, tivemos hoxe unha actividade impresionante. Gozamos coa actuación da cantareira, recompiladora e mestra pandereteira Leni Pérez. Ensinounos que para facer música non sempre énecesario un instrumento musical, ás veces chega con instrumentos cotiás coma unha tixola, culleres, cunchas ou unha lata de pimentón. @leniperezz Algúns incluso se lanzaron ao escenario. Nos videos podedes ver algún fragmento das coplas que interpretou.
Un ano máis rematamos o curso publicando a nosa revista escolar O GALO. Nela recollemos algúns recordos deste curso, pero houbo moito máis. Podedes vela facendo clic no seguinte enlace. O GALO 2025 Esperamos que sexa do agrado de todos e todas
Comentarios