Mestres e mestras do cole fixemos unha lectura compartida de poemas de Ricardo Carballo para conmemorar esta edición do Día das Letras Galegas, queremos compartilo con vós.
Pincha na imaxe para velo
Castañas, noces e viño fan as delicias de San Martiño e no noso cole non podía faltar este delicioso manxar. As familias e o cole aportaron as castañas e foron Juan, o noso conserxe, e a ANPA os encargados de picar e do asado das mesmas. Desde aquí o noso agradecemento Despois dunha boa chea de castañas, xornada de xogos que organizou o profesorado de EF. Foi un día moi divertido
O 17 de maio é a festa da lingua galega , unha celebración institucionalizada no ano 1963 pola Real Academia Gallega (RAG) para homenaxear a autores e autoras que traballan a favor da defensa e promoción do noso idioma e a nosa cultura. Este ano 2025 as Letras Galegas están adicadas ás cantareiras e pandereteiras, personalizado en algunhas mulleres en especial Seminario Galán Neste enlace podedes consultar a biografía de Adolfina e Rosa e moitas cousas máis Guía Cine en galego, no seguinte enlace podedes ver a miniserie Se canto é porque quero Tamén vos deixamos algunhas actividades interactivas que vos divertirán ao tempo que aprendedes Xoga connosco Que sabes das cantareiras?
O 23 de febreiro conmemoraremos o Día de Rosalía de Castro, a figura máis importante do Primeiro Renacemento galego . A vida de Rosalía é unha historia realmente apaixonante , chea de interese histórico, cultural e intelectual. Aquí vos deixamos unha canción feita a partir un dos seus poemas para que vaiades practicando. Titúlase Xan
Comentarios