25/4/20

FESTA DOS MAIOS



Estamos en primavera, tempo de exaltar a natureza, tempo Dos maios.
Este ano a Ferreria non se encherá de maios nin de nenos cantando coplas pero encheremos con eles a rede.
Os membros do  ENDL do CEIP Praza de Barcelos  propoñemosvos unha actividade , facer maios e coplas e envíalos ao correo electrónio ceipbarcelos@gmail.com para que poidamos facer con eles unha exposición neste blog.

  • ·         EDUCACIÓN INFANTIL – Debedes debuxar e colorear un maio usando ceras, rotus, témperas, acuarelas,…


  • ·         1º,2º e 3º de EDUCACIÓN PRIMARIA tendes que facer a maqueta de un maio usando materiais de refullado  que teñades na casa, cartón, papel, mondas de froita, lá,… 

  • ·         4º, 5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA teredes que facer coplas , e si vos animades a cantalas sós ou en familia e enviarnos un video,  xa a montamos!

As coplas están compostas  por estrofas de catro versos de arte menor (ata 8 sílabas), con rima nos pares   (- a – a ),  
As cantigas deben estar cheas de  a retranca, pero nunca usar palabras malsoantes.

Non se deben copiar coplas doutros anos aínda que aquí vos  deixamos algunas delas para inspirarvos



Podedes enviar os traballos dende o luns día 27 ata o venres día 1 de maio. Recordade o correo ceipbarcelos@gmail.com. No asunto poñede nome e curso.

BO MAIO!!

No hay comentarios: