14/2/20

Entroido : Madamas e Galáns



Comeza o entroido así que durante esta semana ademais de divertirnos e disfrazarnos trataremos de dar visibilidade a algúns dos entroidos tradicionais de Galicia. Empezamos coas ‘Madamas’ e ‘Galáns’ de Cobres

 

Cobres (Pontevedra), as madamas e os galáns son os seus personaxes típicos do entroido, acompañados por unha charanga recorren a zona levando consigo a festa e o baile. Esta caracterización destaca pola ostentación dos seus traxes que representan un rango social e económico da época

As madamas, mozas atrevidas con vistosas saias con encaixes, blusa branca sobre a que lucen un peto con cadeas e outros adornos metálicos imprimíndolles aires matronais, ainda que o seu  elemento máis destacado é  e o seu espectacular sombreiro. Os galanes visten tamén con un gran sombreiro, unha camisa branca adornada con cintas de cores, corbata, pamo de seda, pantalón branco e zapato negro.


No hay comentarios: