14/5/18

MAIOS 2018

     O pasado 1 de maio asistimos, un ano máis, á celebración dos maios na Praza da Ferraría. Para chegarmos alí houbo un traballo previo que dende aquí queremos agradecer a todos/as os que arrimaron o ombreiro, sen a axuda de todos eles/as o traballo sería inabarcable.
      Este ano o noso grupo recibiu un meritorio terceiro premio pola interpretación, de xeito que, dende a ANPA, consideraron ceder o premio para a compra de novo material para a aula de música. Estamos valorando as distintas opcións para empregalo o máis axeitadamente posible. Grazas por todo!















No hay comentarios: