16/5/14

 PENÉLOPE

   Penélope é, quizais, un dos poemas máis representativos de Díaz Castro; aquí vos queda. 
     Máis abaixo tedes un enlace para escoitar este poema cantado por Aurora López cos arranxos de Teresa Luján.

Penélope. X. M. Díaz Castro

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


http://sondepoetas.blogspot.com.es/2007/10/penlope.html

No hay comentarios: