19/2/13

FOTOS DE ENTROIDO

Este ano estivemos a traballar os Entroidos tradicionais de Galicia (podedes ver  a presentación coas voces do alumnado de 5º).  De feito o noso esqueleto disfrazouse de Pantalla de Xinzo de Limia, aínda que lle faltaban as vexigas.
En cada clase fixéronse fermosos carteis sobre estas figuras, das que falamos nunha entrada anterior. Ademais nos murais explicativos da entrada, pódese ler información sobre estas figuras.
FOTOS DE E.I. DE 4 ANOS
 A ANPA tamén organizou un vistoso concurso de carautas que adornaron a entrada.  O mellor será mirar as fotos de todo isto  e das carautas de 3º A, que ben quedaron!! Preme na foto. 






Neste vídeo- presentación, que fixo o Equipo de inamización Lingüística do Centro, podedes escoitar aos vosos compañeiro/as de 5º. Canto saben deste tema!!!!


No hay comentarios: