22/2/13

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O vindeiro domingo celébrase o día de Rosalía de Castro, xa que coincide coa data de nacemento desta gran escritora galega do século XIX, nada en Santiago de Compostela. Se queres saber máis sobre ela, preme na foto.

Nós, para celebralo, fixemos este vídeo onde o alumnado de 1º e 2º, recita o poema titulado "Quíxente tanto, meniña", que foi publicado no seu libro "Cantares Gallegos". Que ben o fixeron estes nenos e nenas!!!
 Está recitado tal e como ela o escribiu, por iso algunhas palabras non coinciden co galego normativo.

Neste outro vídeo o alumnado de 2º A recita outro poema de Cantares Gallegos. Parabéns a estes nenos e nenas!!!
Ao igual que o anterior, está recitado na lingua orixinal, por iso moitas palabras non coinciden co galego de hoxe en día.


Este é o famoso poema titulado: "Adiós, ríos; adiós, fontes", cantado por Amancio Prada.
 A letra desta canción de Roi Casal, titulada "Ninfa das frescas augas", é tamén un fermoso poema de Rosalía de Castro. Xa veredes como vos gusta! 


No hay comentarios: