1/2/13

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ: PAZCIONARIO E FOTOS

Para celebrar este día tan especial, reunímonos todos e todas (malia as columnas) no patio. Alí puidemos ver unha presentación sobre a Paz , na que nos dicían que debemos ser respectuosos/as e actuar coforme ao noso Pazcionario, todos os días do ano. Non o esquezades!! 
Tamén cantamos "Cantarela dos nenos", e o alumnado de 6º nivel cantou en inglés e bailou!!  Aquí tendes as fotos deste día e dos fermosos murais que se fixeron no cole. Pero, aínda hai máis: en moitas clases estiveron traballando sobre o "Guernica" de Picasso e sobre os premiados co  Nobel da Paz. Xa o mostraremos todo.











No hay comentarios: