9/1/13

O PAZCIONARIO DE BARCELOS E RECURSOS

Pódense facer moitos vocabularios de diferentes temas: deportes, traballos, vehículos..., mais o que agora imos formar é o vocabulario máis importante para as persoas, os demais seres vivos e o planeta, trátase do noso PAZCIONARIO! 
Pero para a convivencia en paz, é preciso levar á práctica todas as accións ás que estas palabras se refiren... todos os días do ano!!

Aquí tendes un pequeno adianto do fermoso traballo que entre todos imos facer: a nosa nube da PAZ.

 
    Preme na nube para maximizar. Wordle: Untitled

RECURSOS

  • Aínda que Gloria Fuertes escribiu este poema en castelán, tomámonos a liberdade de pasalo ao galego, seguro que a esta importante poeta  non lle importaría.

Hai que dicir o que hai que dicir axiña,
de primeiras,
visceral
do tronco;
coas menos palabras posibles
que sexan posibles os imposibles.
Hai que falar pouco e dicir moito
hai que facer moito
e que nos pareza pouco:
Arrincar o gatillo ás armas,
por exemplo.
                                                                                  Gloria Fuertes

  •  Se queredes aprender moitas cousas sobre a paz dunha maneira divertida, premede na imaxe. Podedes facer o xogo en galego e mesmo en inglés!
 



  •  PROPOSTA PARA TRABALLAR SOBRE O GUERNICA: OS NENOS E NENAS PODEN PINTAR O CADRO COMO DESEXEN, DESPOIS DE COÑECER A SÚA INTERPRETACIÓN ( SEGUINTE LIGAZÓN).

No hay comentarios: