11/1/13

CANTARELA DOS NENOS

Este fermoso  poema, que escribiu Xosé Neira Vilas, fálanos da paz e da convivencia harmoniosa entre todos e todas. Anímaste a cantalo? A continuación tes a presentación que fixemos para poidas cantar lendo a letra.

 
Amiguiños todos
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.

Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos das mans.

Cantarela nosa
de amor e de paz,
sen penchas nin odios,
sen falsa irmandá.

Rolda de sorrisos,
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amistad.

Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.



 

No hay comentarios: