GALLETAS DE CABAZA
GALLETAS DE CABAZA Ingredientes para catro persoas: - 4 culleradas de manteiga - 10 culleradas de azucre - 10 culleradas de fariña - 3 ovos - ½ vaso de puré de cabaza, - 100 gramos de uvas pasas remolladas (en auga ou licor) Elaboración Para preparar o puré, cocerás previamente unha rabanda de cabaza en auga cunha chisca de sal. Coa axuda dunha batedora de variña, bate a manteiga ata a deixares en punto pomada. Sen deixar de remexer, bota o azucre e os ovos. Continúa batendo e agrega a fariña pouco a pouco. Seguidamente, incorpora, con coidado e sen deixar de remexer, o puré de cabaza. Nunha placa de forno, cuberta con papel ou untada con manteiga, estende con axuda dunha culler, porcións do amoado dándolles forma de galleta. Engade as pasas e aplasta lixeiramente coa culler. Cóceas no forno durante 10-12 minutos a 180º. Déixaas arrofriar e sírveas. Antón Rodríguez Carballo, 5º B