Entradas

Contos de violeta 💜

Imagen
 O domingo 15 de marzo ás 12h, realizarase un espectáculo infantil na asociación A Pedreira,  da man de Bea Campos e Alicia Otero (Migallas Teatro) dentro das actividades do 8M, cos seus “Contos de violeta”. Unha proposta de teatro, contos e música para público familiar con acceso libre ata completar aforo.

Rosalía no cole

Imagen
 O 23 de febreiro foi o Día de  Rosalía, unha ocasión para achegarnos á vida e obra desta importante poetisa galega.  Durante esa semana, nas aulas traballouse sobre ela, a través de distintas actividades adaptadas a cada idade. 

Día de Rosalía

Imagen
  O  luns 23 de febreiro celebrarase o Día de Rosalía   cunha   lectura pública de poemas de  Cantares gallegos  e  Follas novas . Será na   Fundación Manuel Moldes (Javier Puig, 3, 8º andar)   ás 19 h   e está aberta a toda a cidadanía. O servizo de Normalización Lingüística do Concello  invita a  toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado e FANPA) a participar nesta celebración.  Se estades interesados podedes acceder a este  formulario  onde calquera persoa que queira pode anotarse e escoller un texto para ler. Se non atopades algún poema será porque xa foi escollido por outra persoa. Se optades por un poema longo e queredes facer unha lectura conxunta con outra(s) persoa(s), indicádenolo no cadro de observacións.

A candeloria 🐦‍⬛

Imagen
  Esta semana, nalgunhas aulas do centro traballouse o Día da Candeloria , unha celebración da tradición popular galega ligada á natureza e ao inverno . A través de distintas actividades, o alumnado achegouse ao significado desta data e ás tradicións populares, favorecendo o uso do galego como lingua de aprendizaxe e expresión.

Entroido 2026

Imagen
  Como todos os anos, no noso cole celebramos a chegada do Entroido cunha tradición que lles encanta aos nenos e nenas: o mandadiño . Durante a semana previa ao desfile, cada día traen ao cole un pequeno encargo, sinxelo e divertido, que nos axuda a ir creando ambiente e ilusión. Este curso, o mandadiño ten un fío condutor moi especial: a música . E non é casualidade, xa que a música é tamén a temática elixida para o Salón do Libro , no que o noso centro vai participar ao longo das próximas semanas. Ao longo da semana, o alumnado irá cumprindo os encargos do mandadiño relacionados co mundo musical, enchendo o cole de ritmo, cor e alegría, ata chegar ao gran día do desfile, no que cada clase lucirá o seu disfrace. 💛 Venres dourado O día 15 de febreiro conmemórase o Día do Cancro Infantil . Como xesto de apoio, agarimo e esperanza, desde o noso cole sumámonos a esta iniciativa. Por iso, o venres animamos ao alumnado a levar algo de cor dourada , simbolizando luz e solida...

Día da paz 🕊️

Imagen
    O 30 de xaneiro conmemoramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.  Nesta xornada  especial lembramos a importancia do respecto, da convivencia e da solidariedade entre todas as persoas. O alumnado de sexto de primaria leu uns fermosos poemas que nos fixeron reflexionar e sentir que a paz non é só a ausencia de conflitos, senón tamén a presenza de xestos amables, palabras que coidan e mans que axudan. A través dos seus versos lembráronnos que a paz constrúese cada día, nas pequenas accións cotiás: compartir, escoitar, pedir perdón, agradecer e tender pontes en lugar de levantar muros. Cada palabra recitada foi unha semente de esperanza para facer do noso cole un lugar máis xusto, máis unido e máis feliz.  Para rematar o acto, todo o alumnado e profesorado cantamos xuntos a canción “De que che vale”, enchendo o patio de voces e emocións, e reforzando a idea de que só camiñando da man podemos construir un mundo mellor.   Porque a paz comeza en c...

Conmemoracións de novembro

Imagen
 Durante o mes de novembro traballaron nas aulas dúas conmemoracións moi importantes:  O Día Mundial da Infancia e o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller Aquí tedes unha pequena mostra dalgúns traballos sobre estas conmemoracións