Como todos os anos, no noso cole celebramos a chegada do Entroido cunha tradición que lles encanta aos nenos e nenas: o mandadiño . Durante a semana previa ao desfile, cada día traen ao cole un pequeno encargo, sinxelo e divertido, que nos axuda a ir creando ambiente e ilusión. Este curso, o mandadiño ten un fío condutor moi especial: a música . E non é casualidade, xa que a música é tamén a temática elixida para o Salón do Libro , no que o noso centro vai participar ao longo das próximas semanas. Ao longo da semana, o alumnado irá cumprindo os encargos do mandadiño relacionados co mundo musical, enchendo o cole de ritmo, cor e alegría, ata chegar ao gran día do desfile, no que cada clase lucirá o seu disfrace. 💛 Venres dourado O día 15 de febreiro conmemórase o Día do Cancro Infantil . Como xesto de apoio, agarimo e esperanza, desde o noso cole sumámonos a esta iniciativa. Por iso, o venres animamos ao alumnado a levar algo de cor dourada , simbolizando luz e solida...