BOLETIN 2010 1º
CEIP BARCELOS ENDL 2010–1º VIÑERON OS REIS O 22 de decembro viñeron os Reis Magos ao colexio e diante deles cantamos, recitamos poemas e lemos as cartas que redactaramos. Algunhas destas publicáronse no periódico mural e no blogue (http://enlbarcelos.blogspot.com). A NOSA ESCOLA EN EUROPA Dentro de pouco a editorial Planeta distribuirá o libro que redactamos entre todos sobre A nosa escola en Europa. SEMANA INTERCULTURAL Querémola facer este ano co alumnado do 2º e 3º ciclos de Primaria. O tema será a canción tradicional nas nosas culturas de orixe. Cada alumno ou alumna destes ciclos buscará unha canción das que os seus avós cantaban cando eran novos. O texto da canción estará na lingua orixina ria sen necesidade de o traducir ao galego ou ao castelán. O alumno ilustrarao cun debuxo, foto ou copia dunha foto, referentes á situación familiar, social ou festa en que se cantaba. O prazo de presentación é entre o 1 e o 5 de marzo. As cancións exporanse en cada aula na semana do 8 ao 14 ...