INTERCAMBIO CO COLEXIO XESUS FERRO COUSELO
Os alumnos de 6º A do noso colexio escríbenlles aos do CEP Xesús Ferro Couselo, de Cordeiro-Valga. Coa carta e as fotos preséntanlles o que van poder ver cando veñan visitarnos, o próximo día 28 de abril. Pontevedra 24 de Marzo de 2009 Ola compañeiros!!: Somos os alumnos do colexio de Barcelos. O noso colexio está situado ao lado da praza de Barcelos que ten un parque infantil onde xogamos á saída. O colexio non é moi grande, pero é moi alto (ten catro pisos). No último están as aulas do terceiro ciclo. A nosa clase é espaciosa, ten dúas ventás grandes e podemos ver as montañas ao lonxe. Na parte baixa temos a aula de música, o comedor e o ximnasio, a onde nos gusta moito ir. Este curso tivemos unha profe de E F. que na hora do recreo ensinábanos a bailar alí. Tamén temos unha aula de informática, pero cos ordenadores un pouco vellos. Cando estivemos no voso cole, vimos que tendes un patio moi chulo , grande e ao aire libre; o noso é pequeno e está entre edificios, así que non podemos ...