CEIP BARCELOS ENDL 2009 –1º BUSCA UN E TRÁEO Teus pais, teus avós e outros parentes saben contos, cantos e xogos que aprenderon dos máis vellos cando eran pequenos. Recolle un deses cantos, contos ou xogos e tráeo ao colexio. Se está nunha lingua distinta do galego e do castelán, mira se lle podes escribir ao lado a tradución a unha destas dúas linguas. Podes ilustralo con debuxos ou fotos. SEMANA MULTICULTURAL Celebrarase entre o 3 e o 10 de marzo. Consistirá en varias actividades nas aulas e no centro, todo arredor dunha exposición de obxectos representativos das culturas de orixe das nosas familias: libros de contos, xoguetes, fotos, vestidos, comidas… Tamén se expoñerán textos e debuxos que traiades na campaña previa Un conto, un canto ou un xogo. REUNIÓN DE PAIS E NAIS Prepararemos, nela, a exposición da Semana Multicultural. Será o martes 17 de febreiro ás 6 da tarde. Rematará como máximo ás 7 menos cuarto. Necesitamos que acudan o maior número posible de pais e nais, de maneira ...