CALENDARIO 2009 Está a piques de saír. Será distribuído polas rúas e comercios coa colaboración do Centro Comercial Urbano Zona Monumental. Cada familia da comunidade escolar recibirá un exemplar de balde. BARCELOS PLURILINGÜE Seguimos coa actividade. Interesante, a charla para pais e nais; aínda que asistiron poucos. O alumnado aprendeu a cantar “ Happy Birthday to you” (“Parabéns para ti”) en varias linguas e agora traballa con “Stille Nacht” (Noite de paz”). CARTA AOS REIS MAGOS Se aínda non escribiches a carta en galego aos Reis, bule ben. O prazo de presentación remata o próximo día 9, martes. O último día antes das vacacións, o 19 de decembro, virán os Reis á escola e ti vaslles poder entregar a túa carta. Porén, antes tela que presentar a un mestre ou mestra do ENDL para poder participar no concurso. Ilústraa cun debuxo ou un collage. Procura escribir ben e hermoso. As mellores cartas levarán un premio por ciclo e serán publicadas no blog e nos periódicos escolares. CONCURSO DE ...